O Campionato do Mundo de motonáutica deixa imaxes espectaculares en Sanxenxo
Por Redacción
Este sábado arrincou en Sanxenxo a primeira proba do Campionato do Mundo de Endurance coa participación de 18 equipos, a metade deles españois e dobre representación galega.
O público envorcouse ao completo no campionato e desde primeira hora da mañá achegouse á zona para ver de preto as embarcacións e aos seus pilotos, que protagonizaron unha carreira limpa e rápida, finalizando en tan só 45 minutos. De feito, algúns competidores chegaron a alcanzar o 130km/h de velocidade.
A competición pechábase este domingo cunha carreira de 15 voltas ao percorrido que coroando o gañador desta primeira cita dun Campionato do Mundo de Endurance 2024 que continuará en próximas datas en Bélxica e Reino Unido.