O trofeo Luis Otero, unha xoia de Sargadelos
Por Manu Otero
Todo listo para a sesaxésima edición do trofeo Luís Otero que organizan cada ano o Pontevedra en colaboración coa Deputación Provincial. O partido disputarase o vindeiro mércores, día 24, e enfrontará ao conxunto granate e ao Racing de Ferrol, recentemente ascendido a Segunda B. As presidentas do club e da institución provincial presentaron este venres o clásico estival que presenta como novidade un novo deseño de trofeo co característico selo da factoría de Sargadelos, suministrados pola tenda que ten na rúa Oliva de Pontevedra.
Ambas as entidades decidiron o ano pasado darlle unha volta ao deseño dos trofeos. "Decidimos prescindir das clásicas copas", explicou Lupe Murillo, e agora tratan de poñer en valor a cerámica e deseños galegos. O ano pasado, foron os canteiros de Poio os que esculpiron a copa e este ano encargáronllo a Sargadelos porque "en Galicia temos dás mellores cerámicas do mundo", subliñou Carmela Silva.
O partido disputarase o mércores en Pasarón ás 20.30 horas. A entrada será gratuíta para os socios, mentres que o resto de interesados en asistir ao primeiro duelo de pretemporada do equipo que dirixe Luismi terá que pasar por despacho de billetes.
NOVO PARTIDO DE PREPARACIÓN
O Pontevedra anunciou este venres unha nova data de pretempada. O equipo que dirixe Luismi enfrontarase o 16 de agosto a domicilio ao Vilalonga. Ademais, a disputa do trofeo Centenario entre Mondariz e Pontevedra previsto inicialmente para o 14 de agosto xogarase o día 15 do mesmo mes.
Relacionadas:
-
O loro Ravachol xa forma parte da emblemática cerámica de Sargadelos
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O trofeo Luís Otero queda na casa tras a vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Racing de Ferrol (1-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Unha cesión a Terceira División, opción para os canteiráns Iñaki, Pacheco e os irmáns Barbeito
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O porteiro andaluz Brian Jaén, sexta fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un triangular ante Deportivo e Tenerife en Pasarón, prato forte da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |