O Concello de Marín abre un proceso de contratación para 15 persoas desempregadas
Por Redacción
O Concello de Marín abriu as bases de selección para a contratación dun total de 15 persoas a tempo completo.
Trátase dun proceso adherido ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, pola a administración local recibiu unha subvención que sufragará a contratación de 11 peóns de obras públicas, 3 conserxes e 1 auxiliar adminitrativo.
Estes contratos, a xornada completa con 35 horas semanais, están destinados a persoas desempregadas e terán unha duración de seis meses, estando prevista a incorporación no mes de maio e ata o 30 de outubro.
Ademais de atoparse na listas de demandantes de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia os aspirantes deberán cumprir varios requisitos, como ter a nacionalidade española, estar capacitados para desempeñar o posto en cuestión ou ter máis 16 anos.
Os candidatos seleccionados previamente polo Servizo Público de Emprego deberán afrontar unha proba, prevista pata o luns 29 na Biblioteca Municipal no caso do posto de aiuxiliar administrativo, o martes 30 de abril no Salón de Plenos do Concello para os aspirantes ao posto de conserxe, e o xoves día 2 no Alamacén Municipal da Sacoa para o posto de peón de obras públicas.