A plataforma ENCE Fóra convoca unha gran manifestación o venres contra a prórroga
Por Redacción
Unha gran manifestación contra Ence e a prórroga que lle permite continuar ata 2073 na Ría de Pontevedra percorrerá o proximo venres 29 de xaneiro as rúas de Pontevedra. Partirá da praza da Ferrería ás 20.30 horas e percorrerá o centro da cidade cun percorrido que aínda non se determinou.
A convocatoria acordouse este martes durante a reunión da plataforma Ence Fóra celebrada pola noite na sede da Federación Castelao e é xa a terceira pata das accións de protesta pola concesión da prórroga que anunciara a fronte anti Ence.
O luns, horas despois de que Ence dese a coñecer que o Goberno lle concedera a prórroga por 60 anos, a plataforma Ence Fóra, co goberno local, a APDR e a Federación Castelao á fronte, anunciaba xa que a decisión tería constetación social, xudicial e política.
A condena política xa a realizaron o goberno local (BNG) e os grupos da oposicón PSdeG-PSOE e Marea Pontevedra; a xudicial xa está en marcha en mans dos servizos xurídicos municipais. Agora chega a quenda da resposta social.
A manifestación prevese multitudinaria e contará co apoio de múltiples colectivos sociais, políticos e ambientais e leste mesmo martes tivo xa un pequeno adianto cunha concentración improvisada dos asistentes á reunión ante a sede provincial do PP de Pontevedra. Está previsto que se repita este mércores ás 19.00 horas diante da Audiencia Provincial na rúa Rosalia de Castro.
Relacionadas:
-
ENCE Fóra! sae á rúa para mostrar o seu rexeitamento á prórroga para a pasteira
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mariscadoras ante a prórroga a ENCE: "Non queremos Celulosas nin tampouco a depuradora"
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE non ten "ningún temor" aos recursos xudiciais e anuncia que tentará "convencer" aos críticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"A mobilización social será fundamental", segundo o alcalde para que "esa peste" abandone a ría
Por Oskar Viéitez |
-
Colectivos anti ENCE avisan de que a batalla "non está perdida" e esixen revocar a prórroga
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
ENCE, 60 anos máis en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |