100 euros por cabeza para que o persoal de Ence entre na batalla xudicial sobre a prórroga
Por Redacción
Os representantes dos traballadores de Ence puxeron en marcha a campaña solidaria para recadar cartos que permitan pagar os gastos que se deriven de personarse nos procedementos xudiciais pendentes na Audiencia Nacional sobre a prórroga da concesión de Ence en Pontevedra.
Esta decisión aprobada na asemblea dos traballadores do 22 de marzo supón unha aportación de 100 euros por persoa. O comité de empresa alerta de que dada a urxencia para participara nos procesos xudiciais é necesario recadar unha base económica o antes posible para afrontar os gastos de avogacía, procuradores e notaría.
A través dun escrito, os integrantes do comité de empresa de Ence-Pontevedra piden a colaboración de todo o persoal porque esta situación afecta ao futuro de todo os traballadores.
Este movemento súmase ao anunciado pola Cámara de Comercio que afirmaba a execución de movementos por parte de responsables camerais en Madrid para establecer contactos e presionar á Abogacía do Estado co obxectivo de que non se achante e defenda a prórroga, concedida polo goberno de Mariano Rajoy, á fábrica de Ence en Pontevedra ata 2073.
Relacionadas:
-
Lores asegura que "algún día" se saberá quen é o responsable do "pelotazo" de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Comisións Obreiras anuncia mobilizacións contra o PSOE como "único responsable" da situación de ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Cámara de Comercio, preocupada pola "inseguridad jurídica" de relevancia internacional que provoca o caso Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Feijóo asegura que a decisión do Estado sobre ENCE pon en perigo a bateas, conserveiras e depuradoras
Por Oskar Viéitez |
-
Os 250 millóns de euros que ENCE ía investir en Pontevedra serán para Navia
Por Oskar Viéitez |