A Policía Local de Pontevedra denuncia vinte persoas por incumprir o estado de alarma
Por Natalia Puga & Diego Torrado
A Policía Local de Pontevedra intensificou nos últimos días as patrullas de vixilancia na rúa para facer cumprir as restricións ditadas polo estado de alarma decretado polo Goberno do Estado e, nas primeiras xornadas de aplicación, detectaron xa vinte incumprimentos o suficientemente graves como para terminar en denuncia.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deu a coñecer este mércores, con motivo dunha comparecencia telemática, a formulación destas vinte primeiras denuncias.
Respecto diso, cabe apuntar que a Policía Local impuxo na tarde do domingo, o primeiro día enteiro de aplicación do estado de alarma decretado para tentar frear o avance do coronavirus, a primeira denuncia. Foi a un home que paseaba, acompañado dunha muller, pola avenida Augusto García Sánchez.
A Policía Local avisouno de que estaba a incumprir unha das restricións do estado de alarma e o home reaccionou insultando aos axentes e tirándolles o DNI ao chan, cando lle solicitaron que se identificase. Finalmente a Policía procedeu a tramitar unha denuncia por falta de consideración aos axentes.
Os axentes municipais, como a Policiá Nacional, realiza a diario un labor informativo entre a cidadanía que ocupa o espazo público para pasear ou facer deporte, remitíndoos ao estado de alarma e advertíndolles que teñen que regresar aos seus fogares. A maior parte das persoas ás que se informa adoptan unha actitude moi colaborativa, e regresan aos seus fogares, excepto ata o de agora estas doce persoas.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo de 2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu artigo 20, tipifica o incumprimento ou a resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado conforme as leis, nos termos establecidos no artigo dez da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño. En base a iso, aqueles que incumpran as restricións poderán ser sancionados con multas de 100 a 600.000 euros ou mesmo cunha pena de prisión dun ano.
A estas doce denuncias habería que sumar as impostas pola Policía Nacional e a Garda Civil, que tan só dan datos a nivel estatal e non a nivel local.
A Policía Nacional si quixo lembrar á cidadanía a obrigación de cumprir o estado de alarma este xoves 19 de marzo, día festivo en Pontevedra, e permanecer nos seus domicilios, sen aproveitar para acudir á súa segunda residencia.
De acordo ás medidas recollidas no Real Decreto, durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización dunha serie de actividades moi concretas, entre as que non se atopan os traslados a unha segunda residencia. Por tanto, lémbrase a obrigatoriedade de permanecer na residencia habitual. As Forzas e Corpos de Seguridade velarán na rúa para que este tipo de desprazamentos non se fagan.
Relacionadas:
-
Un mes do estado de alarma: a Policía Local denuncia 225 infractores, 25 deles reincidentes
Por Natalia Puga |
-
A primeira semana de estado de alarma deixa 45 denuncias en Pontevedra por non respectar o confinamento
Por Natalia Puga |
-
Intensifícanse os controis policiais nos concellos con máis multas a persoas que pasean ou van tomar o sol
Por Oskar Viéitez |
-
Primeira persoa denunciada en Pontevedra por incumprimento das restricións do estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Decretado o estado de alarma en toda España para frear o coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada