Ingresa na UCI de Montecelo o primeiro paciente con Covid-19 desde o mes de maio
Por Manu Otero
A escalada do coronavirus continúa na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Os datos publicados polo Sergas este venres reflicten un aumento de oito casos activos por coronavirus, o que supón un total de 85 pacientes contaxiados por Covid-19.
Todos os diagnosticados evolucionan nos seus domicilios salvo dúas persoas. Un atópase ingresado nunha planta do Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez, mentres que o outro paciente ingresou na UCI de Montecelo. É o primeiro ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra desde o 23 de maio.
A nota positiva da xornada pona a curación de tres novos pacientes, o que eleva a cifra de persoas que superaron a enfermidade desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 a 948 pacientes, mentres que o número de falecidos mantense en 17 pacientes.
Con respecto á corentena de 51 sanitarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que estiveron en contacto cun paciente ingresado en Montecelo que deu positivo por coronavirus, a directora asistencial, Sonia Fernández-Arruti Ferro, explicou este venres que xa foron dados de alta dez profesionais despois de dar negativas as dúas probas PCR que se lle practicaron. Unicamente unha traballadora volveu dar positivo polo que seguirá en corentena a pesar de non presentar ningún síntoma.
Ao resto de profesionais seguiránselle realizando probas e en Montecelo esperan poder contar co alta do resto de profesionais a finais deste mes de agosto.
O total de casos activos en Galicia sitúase en 1.995, sendo a área sanitaria da Coruña, con 1.114 casos activos, a máis afectada da comunidade seguiida pola de Lugo, Ourense, Vigo, Santiago e Ferrol. A de Pontevedra e O Salnés é a que menor número de casos activos ten de toda Galicia.
De todos os diagnosticados, só seis están ingresados nas UCI dos hospitais galegos, mentres que 67 están ingresados en planta e o resto evoluciona nos seus domicilios. O total de falecidos, despois do rexistrado este xoves nunha residencia de maiores do Incio, sitúase en 628 persoas, mentres que os curados son 11.737.
Relacionadas:
-
E veu unha segunda onda con máis mortes que a primeira
Por Oskar Viéitez |
-
Ascenden a tres os hospitalizados por Covid na área sanitaria tras unha xornada con 7 positivos e con 147 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e O Salnés contabilizan este luns 24 novos positivos de Covid-19 e 141 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A curva dispárase na área sanitaria: 27 novos positivos por Covid e 120 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sobe a dous o número de pacientes de Covid na UCI de Montecelo, con 96 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O Colexio de Médicos de Pontevedra abre expediente a unha doctora por declaracións negacionistas da pandemia
Por Natalia Puga |
-
Descenden ata os 80 casos activos de coronavirus en Pontevedra mentres seguen a subir no resto de Galicia
Por Diego Espiño |
-
Elevan a 51 os sanitarios de Montecelo en corentena por estar en contacto cun falecido con Covid-19
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra e O Salnés volven a cifras de mediados de maio tras 14 novos positivos por Covid, con 84 casos activos
Por Diego Espiño |