As atraccións das Festas da Peregrina cortan ao tráfico as rúas San Roque e Alameda dúas semanas
Por Redacción
A partir da madrugada deste martes a este mércores, as rúas San Roque e Alameda quedarán pechadas ao tráfico. Trátase dun corte habitual que se fai cada ano (agás durante a pandemia) para a instalación na zona das atraccións de feira das Festas da Peregrina.
Estas dúas rúas pecharán durante dúas semanas, desde a madrugada deste mércores 10 de agosto ata madrugada do mércores 24 de agosto.
A instalación das atraccións tamén suporán cambios na circulación polas rúas máis próximas. Así, o acceso cara a rúa Echegaray efectuarase desde a avenida de Uruguai e os vehículos terán que ir pola rúa Xofre de Tenorio, Martitegui e Maestranza ata a fachada da facultade de Belas Artes. .
Durante as festas da Peregrina, Martitegui permanecerá co tráfico en sentido contrario ao habitual.
Desde a Policía Local e o Concello de Pontevedra aconsellan aos condutores que queiran ir cara aos concellos de Poio, Vilagarcía e a zona de praias do Salnés que collan a autoestrada AP-9 no seu tramo de circunvalación de Pontevedra, entre o Nó do Pino e o Nó de Bombeiros, ou tamén que opten por coller a ponte das Correntes.
Relacionadas:
-
Os festexos continúan este luns co concerto de Coque Malla ou o espectáculo de Rock Circk
Por Redacción |
-
Xoanqui Ameixeiras abre as Festas de San Roque cun emocionante pregón dun "foráneo namorado desta ría"
Por Redacción |
-
As atraccións das Festas da Peregrina, a exame
Por Redacción |
-
Centos de mozos toman as rúas e prazas do centro histórico nunha tarde de 'peñas'
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A caravana morada volve a Pontevedra para velar por unhas festas libres de agresións machistas
Por Redacción |
-
Oito días dunhas Festas da Peregrina que serán "como as recordábamos"
Por Alejandro Espiño |