E Combarro converteuse en Venecia
Por Oskar Viéitez
A pleamar e as copiosas e por momentos torrenciais choivas deixaron algunhas imaxes curiosas como a localidade de Combarro coas súas rúas asolagadas.
"Esto ya parece Venecia", comentaba unha moza sorprendida mentres compartía un vídeo do momento coas súas amizades.
Este fenómeno repetiuse en Portonovo onde chegou a desaparecer a praia de Baltar durante varios minutos ou en Vilagarcía onde a auga chegou ao paseo despues de superar a area da praia da Concha.
En Cambados, a avenida de Galicia e a Rúa Príncipe foron ríos e a marea pasou o paseo marítimo.