A novela histórica "1538" gaña o Premio Dona Urraca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c6e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65719dd40c-francisco-calvo-interior-.jpg)
© Editorial Guiverny
O xurado do Premio Dona Urraca de Novela Histórica, promovido pola Editorial Guiverny e o apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, fallou como gañadora da súa primeira edición á novela "1538" do autor albaceteño Francisco Calvo Sánchez.
A obra elixida está ambientada en Granada e Sevilla no segundo cuarto do século XVI e centrada nunha organización clandestina granadina que axudaba aos rebeldes musulmáns, facilitando fugas aos perseguidos pola Inquisición ou polas milicias do emperador. Os seus protagonistas un musulmán Brahim ibn Macahot e o cristián Bermudo van tecendo unha historia alternativa sobre a relación de moriscos e cristiáns na Península nun momento de grandes cambios políticos e relixiosos.
O seu autor, Francisco Calvo Sánchez (Albacete, 1950), é un escritor tardío cuxa carreira literaria desUrraca en 2018. Enxeñeiro forestal de profesión, e responsable ata a súa xubilación do mantemento dos parques e xardíns públicos do Concello de Estepona, recibiu cinco premios literarios (tres de relato curto e dous de novela).
O xurado do I Premio de Novela Histórica Dona Urraca estivo composto pola escritora Teresa Moure como presidenta, o xornalista Ánxel Vence en calidade de secretario. Como vogais figuran as escritoras Inma López Silva e Arantza Portabales, a representante do Servizo de Cultura da Deputación, Begoña Fernández, e a propia directora de Editorial Guiverny, Belén Fortes. O concurso contou con 59 aspirantes.
URRACA I DE LEÓN, UNHA FIGURA PRECURSORA
A elección da figura de Dona Urraca para dar nome ao certame ten como obxectivo visibilizar o papel moitas veces silenciado das mulleres na Historia. Unha realidade que contradi unha muller que, como a citada, logrou ser coroada no século XII (un caso inédito na Europa de entón) e que tivo unha acción política moi destacada na creación dos reinos de Galicia e Portugal.