Desfeitos: teatro no baño
Por Redacción
Escrita pola autora arxentina Febe Chaves, Desfeitos é a obra que a compañía Galileo Teatro ofrece esta noite en Pontevedra.
A acción transcorre nun baño público de homes en que coinciden dous homes e unha muller. Os tres personaxes establecen unha curiosa amizade. Todos teñen, ademais, unha historia oculta que se irá despexando ao longo da función. Humor, suspense e tentativas de amor van presentarse nesta obra que pretende reflexionar sobre as relacións humanas.
O espectáculo está dirixido por Pedro Rubín e protagonizado por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño "Tanas".
A función comeza ás 9 da noite este sábado 10 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra.