As "Mujeres de Shakespeare" de Rafael Álvarez 'El Brujo' abren con éxito a tempada teatral de Novacaixagalicia
Rafael Álvarez 'El Brujo' foi o encargado de abrir este domingo a programación teatral de Novacaixagalicia para 2014. Fíxoo con Mujeres de Shakespeare, a proposta coa que está xirando con éxito por toda España. E Pontevedra non foi unha excepción, vendo o prolongado aplauso que lle dedicou o público que enchía o Auditorio da entidade. O veterano actor demostrou unha vez máis que é un dos intérpretes máis sólidos da escena teatral española.
Consciente da singularidade dos personaxes femininos xurdidos da pluma do bardo de Avon, o artista cordobés se decantó para o seu novo espectáculo por unha selección daquelas mulleres cuxas aventuras literarias máis o marcaron. Así pois, o público pontevedrés puido achegarse a análise que El Brujo fai de Beatriz (Mucho ruido y pocas nueces), Julieta (Romeo y Julieta), Rosalinda (Como gustéis), Catalina (La fierecilla domada) e a escura dama dos Sonetos.
A idea desta peza dramática xurdiu a partir do enamoramiento do cordobés por esas mulleres durante unha viaxe polo Caribe.
Rafael Álvarez 'El Brujo', director tamén da obra, fixo numerosos guiños a Pontevedra durante unha representación que recolleu tamén referencias á recente declaración ante o xuíz da Infanta Cristina.