Noite 'Imperdible' no Pazo da Cultura: Pontevedra vibra coa música de Fanfarlo
O bo, se breve, dúas veces bo, di o refrán. Fanfarlo fixo honor a este dito tan español no seu concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha actuación breve (unha hora e quince minutos), pero intensa que deixou aos seus seguidores pontevedreses con ganas de máis. E é que banda británica liderada por Simon Balthazar demostrou unha vez máis o moito que creceu nestes últimos anos, ofrecendo un directo impecable e tremendamente efectivo.
Fanfarlo saíu ao escenario logo da actuación de Lilies On Mars, un dúo londinense que, sexamos honestos, non conectou co público pontevedrés. A súa proposta de halo retrofuturista e dream pop con oscilaciones psicodélicas deixou indiferentes á gran parte daqueles que, media hora antes do concerto principal, xa enchían as butacas do Pazo da Cultura. Aínda que é certo que a súa música, probablemente, non está concibida para ser gozada nun auditorio.
Pero a Simon Balthazar e os seus tan só lles fixo falta un par de acordes de Ghosts, a primeira canción que tocaron, para meterse ao público no peto. Un público que, por certo, a punto estivo de non poder velos. "Foi un día moi longo", explicou o seu cantante durante o concerto. Un problema co seu avión mantívoos sete horas atrapados no aeroporto de Londres. "Pero cando chegamos a Santiago e vimos a paisaxe, esquecéusenos todo".
Foi un concerto que, tal e como avanzaran en PontevedraViva, foi intercalando os grandes éxitos dos seus dous primeiros discos con cancións de Let's Go Extinct, o seu terceiro álbum, editado hai apenas unha semana. "Esperemos que o escoitárades xa e se é a primeira vez, gozádeo", sinalou Balthazar ao afirmar que ían tocar gran parte das novas cancións. Xa soara Life in the sky, a primeira delas.
Un novo disco que, tal e como explicou o líder de Fanfarlo, reflexiona sobre a evolución humana e os posibles futuros que nos esperan e que engade novos sons á banda, desde o spaguetti western, a música disco ou o rock progresivo dos 70. Pontevedra foi a primeira cidade europea, fóra do seu país de orixe, en escoitar en directo cancións como The beginning and the end, a balada Let's Go Extinct ou Landlocked, escollida como primeiro single.
Pero Fanfarlo non podía deixar de lado os seus grandes éxitos, esas cancións que fixeron levantar ao público dos seus asentos e xa non deixar de bailar. Desde Deconstruction, do segundo disco; pasando por The Sea, extraída dun EP editado en 2013; ou temas do seu primeiro traballo como Comets, Luna, Harold T. Wilkins, or how to wait for a very long time ou The walls are coming down, a canción elixida pola banda británica para acabar o seu concerto en Pontevedra.
Os compoñentes de Fanfarlo aínda terían un contacto máis cos seus fans pontevedreses tras baixarse do escenario, xa que, para sorpresa de moitos, eles mesmos foron os encargados de vender o merchandising da banda no posto habilitado á entrada do Pazo da Cultura. Tiveron tempo para fotografarse cos seus seguidores e asinar exemplares do disco que presentaron en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Haberá máis concertos 'Imperdibles' en 2015: o Concello impulsará unha nova edición do ciclo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, primera parada da xira española dun Eli 'Paperboy' Reed renovado e máis pop
Por Redacción |
-
Así é "La Deriva", o disco que Vetusta Morla presentará en directo o 1 de maio en Pontevedra
Por Redacción |
-
Fanfarlo: "Sempre conectamos moi ben co público español. ÿ un sitio magnífico para comezar a xira"
Por Alejandro Espiño |
-
Nace o ciclo 'Imperdibles', con concertos de Ana Moura, Fanfarlo, Vetusta Morla + Zoé e Eli Paperboy Reed
Por Alejandro Espiño |