Homenaxe da Real Academia Galega de Belas Artes a Francisco Asorey en Cambados
Por Redacción
O Auditorio Municipal de Cambados vestíase este sábado de gala para celebrar a homenaxe que a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) rendía ao escultor Francisco Asorey, destacado artista referente do simbolismo.
Este acto celebrábase con motivo do Día das Artes Galegas 2024, dedicado ao "escultor do espírito" que traballaba a terra, a madeira e a pedra.
Ao evento acudía Román Rodríguez, o conselleiro en funcións de Cultura, Educación, FP e Universidades que destacaba a Asorey como un renovador da escultura sen renunciar ao seu vínculo coa tradición e coa simboloxía de Galicia.
Ademais, a celebración contaba coa presenza do presidente dá RAGBA, Manuel Quintana Martelo; o académico de número da sección de Arqueoloxía e Museoloxía da institución, Felipe-Senén López Gómez, encargado de pronunciar a laudatio “O escultor Asorey”; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Cambados, Samuel Lago Ozón; entre outras autoridades e representantes institucionais e académicos.
Manuel Quintan quixo destacar, con motivo do 175 aniversario da institución que preside, o labor que a RAGBA realiza para protexer, conservar, recuperar e proxectar as artes galegas.
Sinalou tamén que ao longo deste ano a figura de Asorey será estudada nas escolas e a súa obra será difundida en estudos e conferencias temáticas, na mostra ao aire libre 'Os vieiros de Asorey', que se poderá visitar no municipio de Cambados ata o 4 de maio, entre outras actividades que se promoverán para trasladar a obra do escultor.
Asorey naceu en Cambados en 1889 e converteuse nun da renovadores da arte en Galicia. A súa obra, modernista e sempre en busca de contrastes, atópase repartida por toda Galicia, Euskadi, Cataluña, Buenos Aires e Montevideo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Sobre a normativización do galego: o Decreto Filgueira, en realidade, foi o Decreto Barreiro-Cotarelo
Por Marisa Ciordia |
-
Conferencia sobre a obra de Francisco Asorey en el Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
Catro exposicións e máis de 30 actividades, programadas no Museo para esta primavera
Por Anxo Lourido |