O conselleiro de Cultura estréase no Día dos Museos coñecendo o Massó en Bueu
Por Redacción
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, viviu este sábado o seu primeiro Día dos Museos desde a súa chegada ao cargo cunha visita ao Museo Massó de Bueu.
Durante a visita, puido gozar dunha viaxe virtual polos fondos desta institución e coñecer de primeira man a iniciativa Galiverso.
O conselleiro puxo en valor a celebración desta data para darlle visibilidade ao importante labor de protección, conservación e dinamización do patrimonio cultural que realizan os museos, que son conexión e ponte entre a creación plástica e a cidadanía.
O Museo Massó uniuse a esta celebración facilitando durante todos estes días a participación do público da experiencia Galiverso, que lle permite ás persoas participantes achegarse ás pezas dos museos xestionados pola Xunta a través da realidade virtual.
Neste senso, López Campos enxalzou o valor das novas tecnoloxías e da dixitalización como ferramentas útiles na difusión dos bens culturais.
O responsable de Cultura puido coñecer os avances das obras de rehabilitación do Museo Massó, en marcha ata o último trimestre do ano cunha achega de máis de 1 millón de euros. A actuación permitirá situar a este museo como "unha referencia de primeiro nivel na conservación e divulgación do patrimonio mariñeiro".
O conselleiro fixo especial fincapé no feito de que estas obras suporán recuperar o espazo orixinal da antiga tribuna e acondicionalo para que sirva de sala permanente dedicada a Urbano Lugrís. Isto permitirá mostrarlle ao público nun mesmo espazo fondos como a serie de seis pinturas de gran formato realizada nos anos 40 para o comedor das traballadoras da conserveira e que ocupa cerca de 300 metros lineais.
Relacionadas:
-
A que soarían as obras que ocupan as salas do Museo de Pontevedra se puidesen escoitarse?
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Día dos Museos celébrase no CITA con programación especial
Por Redacción |
-
Exposición: "Puedo reconocer el entramado de los hilos", en Kentada
Por Redacción |
-
Día Internacional dos Museos con visitas guiadas, un concurso escolar e unha conferencia
Por Redacción |