A pianista xaponesa Mine Kawakami ofrecerá concertos gratuítos en Pontevedra, Vilagarcía, e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A cinco días de que dea comezo o Congreso Internacional da Camelia en Pontevedra, o Museo Provincial acolleu este xoves a presentación dos concertos que a pianista xaponesa Mine Kawakami ofrecerá na provincia, con motivo desta celebración e máis do ano dual España-Xapón.
Kawakami confesouse unha "namorada" de Galicia, onde atopa moitas similitudes coa paisaxe da súa terra, especialmente coas rías.
"Soy como la camelia, originaria de Japón aunque me encuentro mucho mejor aquí en Galicia, donde he encontrado mi paraíso", declarou a prestixiosa pianista, "vengo muchas veces a O Grove a comer marisco y en Combarro tengo unos amigos muy íntimos y no puedo vivir sin estar en esta zona".
Ante de participar nunha rolda de prensa na que presentou o seus vindeiros concertos, Mine Kawakami foi ao mercado de Pontevedra, "es que quería comprar grelos", explicou coa mesma naturalidade coa que minutos despois púxose diante do piano para improvisar unha peza musical dedicada a Pontevedra.
Kawakami ofrecerá concertos en Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, no que interpretará Sonata Samurai, unha composición feita especialmente para o ano dual na que trátase de reflectir a viaxe da primeira delegación comercial xaponesa que chegou a España.
Segundo indicou, este camiño que realizaron os samurais hai 400 anos marcou unha relación estreita e especial entre España e Xapón. Unha relación que, segundo dixo, ten nestes momentos o foco posto en Galicia. "Galicia en Japón es la moda", asegurou, e son moitos os xaponeses que se interesan por esta terra.
Os concertos terán lugar no Centro Social de Novacaixagalicia en Pontevedra, o 14 de marzo; no Salón García de Vilagarcía, o 15 de marzo e no Teatro García Barbón de Vigo, o 16 de marzo.
As entradas serán de balde e poderán recollerse nas sedes de Pontevedra e Vigo da Deputación, e no Concello de Vilagarcía.