O Fest 2014 xa ten finalistas tras seleccionar 8 das 26 bandas participantes
Por Diego Espiño
O Local Fest xa ten finalistas na súa terceira edición, despois de que o xurado decidise a selección entre as 26 agrupacións musicais presentadas.
Desta forma as bandas que actuarán no Teatro Principal o próximo sábado 5 de abril son:
- Atlántica
- De buena tinta
- El grito chino amenaza los continentes
- Juan Pablo Charlo
- La 4pared
- Test Hammer
- Visceral Eyes
- Voltage
Todas elas, por alcanzar a condición de finalista, recibirán un programa formativo de orientación do seu proxecto musical e 'coaching', e xogaranse os dous premios principais, a gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual (por valor de 1.000 euros) e unha actuación remunerada na cidade na festa final de Noites Abertas, premio este último que se outorgará sobre a base das votacións do público asistente á gala.
O festival, organizado polo Local de Ensaio de Pontevedra e que se pechará coa actuación dun grupo invitado, pretende promover a escena musical emerxente da cidade.
Segundo explicou o xurado, a selección dos oito finalistas "foi dura debido á calidade e ao esforzo que se amosou en todos e cada un dos proxectos que se presentaron as bandas locais".
Relacionadas:
-
Os Fest 2016 xa teñen oito finalistas e veranse as caras o 19 de marzo
Por Redacción |
-
'De buena tinta' e 'La 4pared' triunfan entre o xurado e o público do Fest 2014
Por Diego Torrado |
-
O Fest 2014 xa está aquí: ábrese o prazo para que grupos e artistas presenten as súas candidaturas
Por Alejandro Espiño |