Michel Henritzi, un músico improvisador francés no Liceo Mutante
Por Redacción
Este venres 16, ás 9:30 da noite, o Liceo Mutante ofrecerá o concerto dunha das figuras máis interesantes da experimentación sonora francesa. Trátase de Michel Henritzi cuxo traballo como músico está, sobre todo, ligado á banda Dustbreeders. Nos seus concertos en solitario mostra o seu aspecto máis introspectivo e melancólico.
A súa música ofrece unha intensa carga emotiva e mesmo opresiva con paisaxes solitarias e sombrías. Este guitarrista leva case tres décadas explorando a American Primitive Music mergullándose no blues e na música nipoa.
A colaboración para entrar neste concerto é de 4 euros.