O Liceo Casino rivaliza con Instagram cunha exposición de fotografía móbil colectiva
Por Oskar Viéitez
O Liceo Casino de Pontevedra acolle do 5 ao 20 de abril unha exposición colectiva realizada por sete mulleres, nas que coinciden a súa paixón pola fotografía e o uso do teléfono móbil como ferramenta para o desenvolvemento da creatividade e a posta en escena de sete proxectos persoais diferentes.
Aínda que pretende mostrar estes sete traballos utilizando como dispositivo o teléfono móbil, a forma expositiva é de formato clásico.
O vello inmoble da rúa Manuel Quiroga rivalizará deste modo coa rede de Instagram nunha demostración de que hai vida máis alá do wifi e do 3 G, aloxando unha mostra de fotografía móbil en lugares tradicionais, lonxe dunha pantalliña.
As participantes son Alba Sotelo, Ana Freco, Ana Rello, Cristina Brea, Paula Pez, Raquel Calviño e Rita Ibarretxe.