Chega a Feira do Libro con máis sabor a biblioteca
Por Redacción
A Feira do Libro Novo de Pontevedra xa abriu as súas portas. Os libreiros foron sacando o pecho ás súas casetas ao longo da xornada deste martes e ás 19.30 horas o evento deuse por estreado coa inauguración oficial. Ábrense as páxinas dunha feira que se prolongará ata o 11 de maio e que este 2014 estará especialmente marcada pola presenza da biblioteca pública Antonio Odriozola.
A Feira permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas os días de semana e durante a fin de semana ampliará o horario de peche media hora pola mañá e outra media pola tarde. Participan as librarías Paz, Clip, Cao, Seijas, Cronopios e D-Lectum de Pontevedra; Cartabón de Vigo; Pedreira de Santiago; e El Faro de los Tres Mundos de Lugo; así como a Gran Enciclopedia Galega e a Deputación de Pontevedra.
A biblioteca pontevedresa está presente cunha caseta na que pon a disposición dos visitantes unha sala de lectura infantil e parte dos fondos da súa colección co fin de que quen se achegue á zona poderán informarse sobre os servizos e actividades que ofrece e facerse socios, xa sexa persoalmente a través do persoal presente no stand ou a través de los dípticos informativos que se reparten.
Na caseta, situada ao carón das instaladas por oito libreiros, hai unha representación de todos os formatos existentes na biblioteca e fondos para todas as idades. Ademais, será elemento dinamizar da feira, organizando un club de lectura en galego. Este mércores 7 de maio, ás 20.00 horas, este club acollerá a presentación do libro Sete caveiras, da escritora Elena Gallego Abad.
A biblioteca tamen organiza visitas á Feria do Libro dentro do 'Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares' coa actividade de contacontos 'Contos nas orellas'. A cargo de Beatriz Campos, estará destinada a nenos a partir de 3 anos e realizarase tanto na carpa como na caseta de biblioteca.
No marco deste programa de formación de usuarios e animación a lectura está previsto que participen alumnos do colexio Inmaculada de Marín e do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.
Durante a xornada do martes xa se realizaron nas 12 casetas instaladas no Paseo de Odriozola as presentacións e sinaturas de libros dos escritores Manel Loureiro e José de Cora, así como a actuación do grupo de música tradicional Os Alegres e a lectura do pregón inaugural a cargo de MD Trío, formado por Susa Herrera, Merchy Rozas e Teresa Gómez.
7 de maio. Mércores:
- 11.00 Visita á feira dos nenos do Colexio Inmaculada de Marín. Tribiblioteca: Actividade infantil na carpa de actividades da Feira. Visita promovida pola Biblioteca Pública de Pontevedra.
- 18.00 O soño de Ester. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Novagalicia Edicións.
- 19.00 Presentación dramatizada do libro Historias extrañas del Valle del Salnés, do escritor Alejandro Gueanella, publicado pola editorial Taller del Poeta.
- 19.00 A escritora Elvira Riveiro asinará na caseta da Libraría Paz.
- 20.00 Presentación do libro Sete caveiras, da escritora Elena Gallego Abad, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado.
- 20.00 O escritor Alexander Vórtice asinará na caseta de libraría Paz
8 de maio. Xoves:
- 11.00 Visita á feira dos nenos do CEIP Álvarez Limeses. Haberá unha actividade infantil na carpa de actividades da Feira: 'A Cebra Camila'. Visita promovida pola Biblioteca Pública de Pontevedra. >
- 18.00 Obradoiro de escritura no método Braille na caseta de secretaría, organizado pola ONCE.
- 19.00 A maxia na feira do libro. Sorprendente actuación do Mago David, co seu espectáculo 'Maxia de aquí e de acolá'.
- 19.00 O escritor Manuel Pérez Lourido asinará na caseta da Libraría Paz.
- 20.00 Presentación do libro O sangue dos camiños, de Ramón Caride, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Xesús Constenla.