Alexandra Pereira descobre o lado máis persoal de Lovely Pepa
Por Oskar Viéitez
Alexandra Pereira Romero (Vigo, 1988), é a autora de Lovely Pepa, o fashion blog máis lido de España cunha media de 95.000 visitas diarias (chegando aos 3 millóns ao mes) e un dos 30 blogs de moda máis lidos do mundo. Unha das claves do seu éxito é a constancia, afirma le dedico muchas horas para crear una relación con el lector.
Convidada pola Librería Cronopios, Alexandra presentou este venres en Pontevedra o libro El mundo de Lovely Pepa, que descobre o lado máis persoal da blogueira.
Os blogs de moda naceron como un reduto 'snob' dedicado ao culto á moda, pero en pouco tempo as marcas se decataron da súa gran capacidade de influencia e as blogueiras convertéronse en 'estrelas' cotizadas. Foi entón cando a estudante de economía Alexandra Pereira converteu o seu hobby na súa profesión.
Alexandra realizou colaboracións con marcas de primeiro nivel como Louis Vuitton, Tous, Opi, Mango, Piaget, El Corte Inglés, Givenchy, entre outros, e é habitual nas Semanas de Moda internacionais. Ademais, traballa como asesora para a marca Krack, coa que sacou a súa terceira colección de zapatos.
Moda, beleza, alimentación, consellos para lucir sempre unha imaxe impecable e un aspecto saudable ou trucos para crear varios 'looks' totalmente diferentes a partir dunha mesma peza son parte do seu blog. Igual que os estilismos que loce cada día, as súas viaxes, os seus compromisos profesionais, e ademais una mirada más profunda e intimista a mi realidad personal y familiar, desvelando pensamientos íntimos e aspectos da súa vida privada.