Os libreiros "cobren gastos" nunha Feira que creceu en visitantes
Por Redacción
A Feira do Libro de Pontevedra pechou as súas portas este domingo confirmando un aumento do número de visitantes respecto a edicións anteriores.
A Federación de Libreiros de Galicia constatou estas boas cifras de afluencia pero non puido achegar datos económicos, aínda que a maioría das librarías aseguraban que este tipo de Ferias dan "para cubrir gastos".
Aínda así todos coinciden en que " hai que estar" neste tipo de actividades. Recordemos que seis das once casetas foron das librarías pontevedresas Cronopios, Paz, Clip, D-Lectum, Cao e Seijas.
Durante a semana que estivo aberta a Feira acolleu as presentacións de oito libros, organizáronse 40 actividades e vinte escritores asinaron exemplares. Entre eles participaron Pedro Feijoo, Helena Gallego, Pemón Bouzas, Manuel Loureiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Luis Dávila, Anxos Sumai, María Reimóndez, Xabier P. Do Campo e Kiko Da Silva.
Relacionadas:
-
Pontevedra, primeira parada este ano das Feiras do Libro de Galicia: do 14 ao 19 de abril
Por Redacción |
-
Dez librarías participan ata o 15 de xuño na Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Pontevedra
Por Redacción |
-
Chega a Feira do Libro con máis sabor a biblioteca
Por Redacción |
-
Pérez Varela na presentación da Feira do Libro de Pontevedra?
Por Oskar Viéitez |
-
A Feira do Libro Galego volve en maio a Pontevedra
Por Oskar Viéitez |