Julián Maeso, ex Sunday Drivers, presenta na Sala Karma Dreams are gone, o seu debut en solitario
Por Alejandro Espiño
Liberdade creativa e un profundo espírito musical marcan Dreams are gone, o primeiro álbum en solitario de Julián Maeso, un dos músicos máis significativos da escena independente española dos últimos anos tralo seu paso por The Blackbirds, Speaklow, The Sunday Drivers ou The Sweet Vandals. Trátase do disco que presentará este venres, 5 de outubro, na Sala Karma de Pontevedra.
No concerto, que comezará ás 22.00 horas, Julián Maeso desgranará as 19 cancións incluídas neste dobre CD, un álbum repleto de música con raíces no blues, o rock, o soul, o folk ou o country, e todas as permutaciones posibles que se poden dar entre estes estilos. Un bo exemplo é Its Been A Hard Day, o seu single de presentación, que reflicte de xeito significativo o alento inspirador que percorre as cancións do disco.
Soan moitos ecos de grandes artistas en Dreams are gone, pero sobre eles voa a inspiración, o sentimento e a grandeza da música que elabora Julián Maeso nun álbum nado en momentos difíciles."Tras mi marcha de The Sunday Drivers, no estaba en mi mejor momento", di cando se remonta ás orixes do disco.
"Me fui a vivir a Valencia planteándome dejar la música un tiempo. Trabajé de camarero, haciendo mudanzas, como restaurador de pianos... Y empecé a componer canciones algo tristes con la guitarra acústica. Hice una primera grabación con siete temas, conocí a Sergi Fecé, le comenté el proyecto, le gustó, volví a Toledo y comenzamos a trabajar juntos", explica Maeso.
O título do disco, Dreams are gone, reflexa, segundo Julián Maeso, "la falta de esperanza por cómo se ve todo hoy en día, es una especie de suma de desilusiones. ÿ un traballo gravado cunha impresionante nómina de músicos, "a los que conozco bien y creo que cada uno de ellos es parte del sonido de este disco".
As entradas para o concerto, que custan nove euros (seis si adquírese por anticipado), pódense comprar nos sitios de venda habituais, na tenda Rei Zentolo e en Pequeno Karma, así como a través da venda electrónica: http://salakarma.ticketea.com/