O rock infantil de Furious Monkey House enche a sesión vermú de Karma
Por Diego Torrado
A sala Karma abriu este sábado a un horario inusual para os seus concertos, a sesión vermú, e triunfou coa aposta. O público abarrotou a sala e entregouse cual groupies das bandas máis consolidadas para dar a benvida ao panorama musical a Furious Monkey House.
A nova banda ten a peculiaridade de que os seus integrantes teñen 9 e 10 anos. Tres rapazas e un rapaz que se presentaron en sociedade cun proxecto de rock infantil, pero cunha forza que ben quererían moitos afeccionados adultos.
A sesión vermú abriuse ás 13.00 horas e unha vez que o ambiente estivo xa ben caldeado saltou ao escenario Neira como entrante, con cancións en solitario afastadas das propostas da súa banda MLK. Media hora despois, desatouse o furor, saltou ao escenario a banda máis nova que pasou por Karma e Mariña, Irene, Carlota e Lucas, acompañados polo seu mono furioso, metéronse a todos no peto.
Para os que non puideron gozar do debut, haberá unha segunda oportunidade de velos durante o festival Surfing The Lérez 2014.
Relacionadas:
-
O rock and roll infantil corre polo Pazo da Cultura con Furious Monkey House
Por Diego Torrado |
-
De Abbey Road ao Pazo da Cultura: Furious Monkey House, as novas estrelas do rock
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Furious Monkey House enche a Sala Karma días antes de ir a Londres a gravar o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Surfing the Lérez, o festival máis familiar e solidario
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Surfing The Lérez completa o cartel da súa cuarta edición
Por Redacción |