A Banda de Música de Pontevedra volve ás súas orixes para celebrar o seu 110 aniversario
O palco da música da Alameda acolleu o 4 de xuño de 1904 o primeiro concerto da banda de Música de Pontevedra. E 110 anos despois, a formación dirixida por Juan Lois Diéguez, decidiu volver a dito escenario, moi vinculado coa banda, para celebrar esta efeméride. Era un dos concertos máis esperados dentro da programación que a BMP organizou con motivo deste aniversario tan especial.
Tras este concerto, a Banda de Música de Pontevedra continuará coa súa programación especial. A próxima cita será o 26 de xuño na Praza de Méndez Núñez, día no que actuarán con David Pérez Trigo como director invitado. Será o paso previo á ampla oferta de concertos que a BMP preparou para os meses de xullo e agosto, moitos dos cales forman parte das Festas do Verán de Pontevedra.