Sabino Torres retrata a Pontevedra 1936-1969 en "Crónicas dun tempo escondido", o seu novo libro
Por Diego Torrado
A Casa das Campás acolleu este xoves a presentación do libro Crónicas dun tempo escondido: Pontevedra 1930-1960, a nova obra de Sabino Torres. Nel, o escritor pontevedrés recupera , con humor, con intelixencia e cunha prosa áxil e desinhibida, un tempo pouco coñecido da nosa historia cultural e social contemporánea.
O libro está centrado na vida da vila do Lérez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en África e as manifestacións a prol da República, que o autor viu como reprimían sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba ás bólas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais.
Como describe o propio autor, é algo máis ca unhas memorias. ÿ unha crónica coral que dá testemuña dun tempo escuro e aínda así cheo de luces, que invitan a reconstruír un período da nosa historia máis próximo do que parece.
Na presentación do libro interviñeron, ademais do autor, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; e Victor F. Freixanes, director xeral da editorial Galaxia.