PoioEscena volve no segundo semestre apostando polo teatro afeccionado
Por Redacción
PoioEscena, o ciclo de teatro afeccionado que organiza cada ano o Concello de Poio, retomará a actividade o 26 de xullo na Casa do Pobo do Río dos Bois de Samieira da man de Teatro Atlántida de Matamá. Será coa obra Visións dun cego, a primeira deste segundo semestre do ano.
Con esta obra PoioEscena afronta a segunda metade do ano coa ilusión de achegar o teatro aficionado aos veciños de Poio e darlle unha oportunidade aos grupos teatrais do municipio e de todo Galicia para que representen as súas creacións.
No mes de agosto o ciclo chegará a Combarro con Intim, de Jordi Sardana de Montserrat. En septiembre o Grupo de Teatro O Faro presentará no centro cultural Xaime Illa de Raxó Menciñeiro á forza. En octubre será o turno do grupo Lúa Chea, que representará en Samieira a obra Historias dunha praza. Noviembre será de Combarro, coa obra Nesta casa hai fantasmas do grupo Cristiñade. O ciclo pecharase en decembro en Raxó da man de Armadiña Teatro, que porá en escena Saude Privates Hospital.
A concelleira de Cultura, Silvia Díaz, presentou este venres a programación acompañada por representantes das tres agrupacións culturais e deportivas do municipio que colaboran neste ciclo teatro, a SCD Raxó, a SCD Samieira e a ACDeM, e explicou que a aposta da organización segue a ser levar as obras a Raxó (Centro Cultural Xaime Illa), Samieira (Casa do Pobo de Río de Bois) e Combarro (Salón de Actos da Comunidade de Montes) a razón de unha representación mensual.
Segundo indicou, neste segundo semestre séguese coa mesma política de cobro de entrada instaurada o ano pasado e que fai que "cada vez veña máis xente". Ao longo de 2013, o primeiro ano que deixou de ser de balde, a media de público foi de 70 persoas por representación e nalgunha delas superáronse as cen.
A entrada é simbólica de entre 0,50 e 3 euros "para que a xente valore o que se fai" e para cubrir os gastos de desprazamento dos grupos e de pagarlle 100 euros por obra e un pequeno pincho ao remate.
O programa completo do semestre xullo-decembro poderá consultarse na axenda cultural da páxina web municipal do Concello de Poio, no perfil de facebook de Cultura e na páxina de facebook de PoioEscena, así como nos facebook das asociacións coorganizadoras.
Relacionadas:
-
"Nesta casa hai fantasmas", penúltima cita co teatro afeccionado en PoioEscena 2014
Por Redacción |
-
Pinga Teatro actúa este venres 29 en Combarro dentro do ciclo PoioEscena
Por Redacción |
-
"Visións dun cego" de Teatro Atlántida de Matamá abrirá o segundo semestre de PoioEscena
Por Redacción |
-
Con "Shakespeare Low Cost" de Carauta Teatro, o ciclo PoioEscena 2014 chega ao seu ecuador
Por Redacción |
-
Samieira, Raxó e Combarro volven apostar polo teatro afeccionado con PoioEscena 2014
Por Alejandro Espiño |
-
Poio segue apostando polo teatro afeccionado
Por Redacción |