A Romaxe popular de Trompos os Pés celebrarase o 25 de xullo con múltiples actividades
Por Redacción
O venres 25 de xullo, festivo en toda España, celebrarase en Marín a XVII Romaxe Popular que organiza tradicionalmente o grupo Trompos os Pés. A partir das 10.30 horas abriranse os postos típicos na Alameda Rosalía de Castro e a continuación, iranse desenvolvendo diversas actuacións, sorteos e numerosas actividades para os que se acheguen ata a alameda marinense.
A exposición con postos artesanais ofrece a opción de adquirir produtos típicos destas feiras e artesanía coidada. O grupo folclórico Trompos os Pés realizarán varias actuacións cos integrantes da escola de baile, tanto de maiores coma de nenos.
O fin de festa chegará da man dun dos principais grupos do folk galego, Ardentía. A actuación será ás 21.00 horas na Alameda.