Ana Isabel Vázquez nega a politización do Museo: "Recibimos más donaciones y depósitos que nunca"
Por Alejandro Espiño
Sorpresa. ÿ o que causou na Deputación a aparición é escena de Amigos do Museo de Pontevedra, unha asociación que pretende velar pola protección patrimonial e a difusión cultural dos fondos do Museo e que se presentou entre críticas á falta de independencia e aos criterios políticos que, aseguran, rexen a institución dende que se integrou administrativamente no organismo provincial.
Segundo a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, todas as asociacións e organizacións que se preocupen polo Museo e pola actividade que se desenvolve "nos parecen bien y nos gusta contar con la opinión de todas porque nos hacen mejorar". Pero ante as "sorprendentes" críticas recibidas por parte deste colectivo insiste en que "jamás se ha utilizado el Museo para ningún acto político o que se le pareciese".
Ana Isabel Vázquez, responsable política do Museo, afirmou que "nosotros apoyamos la cultura y entendemos que tiene que haber criterios diferentes y debates, porque eso es siempre positivo". Neste sentido, destacou que "nunca antes hemos tenido tanta actividad, tan variada y de todo tipo de sensibilidades" e sinalou que resulta "curioso" que sexa o voceiro desta nova asociación "militante activo político de Galiza Nova" o que fale de independencia.
"No hemos politizado nunca el Museo, siempre lo hemos mantenido al margen de cualquier tipo de debate político", insiste a deputada, "porque creemos que la cultura y la actividad que allí se realiza tienen que estar al margen". E precisamente enmarca estas acusacións á proximidade das próximas eleccións municipais, algo que lamenta, di, porque o Museo é "plural, abierto a toda la ciudadanía y desde luego ajeno a los criterios políticos".
Esa maior apertura á sociedade demóstrase, segundo Vázquez, en que antes había unha serie de persoas que podían facer propostas de programación ou preguntar sobre determinadas actividades e compras. Eran os membros do Padroado. "Ahora también lo puede hacer cualquier persona o institución, es mucho más abierto que antes", destaca, e iso permitiu que o Museo colabore con máis asociacións e colectivos que nunca.
Ana Isabel Vázquez cre que os cambios que se produciron hai dous anos, cando o Museo "dejó de tener la anterior estructura administrativa", redundaron en que o organismo teña máis actividade, póidase abrir máis ao público e a xestionar mellor o seu presuposto, de forma que o diñeiro aforrado se poida destinar á organización de actividades e a tarefas de conservación. "El tiempo nos ha dado la razón", insiste.
NEGA A PERDA DE FONDOS
Con respecto á posible perda de fondos debido ao descontento dalgunhas familias e fundacións depositarias no Museo, Ana Isabel Vázquez quixo aclarar que "eso no es cierto". Afirmou que ao longo destes dous anos "hemos hablado con muchas familias y están muy contentos de cómo se están llevando las cosas, de cómo están sus colecciones en el Museo", polo que reiterou que os temores da asociación Amigos do Museo "no tienen base real".
De feito, a deputada subliña que "estamos recibiendo más donaciones y depósitos que nunca y hemos tenido casos de depósitos que llevaban años en el Museo y que sus dueños han decidido convertirlos en donaciones". Ademais, nega que o fondo Baltar, ao que pertence gran parte do legado de Castelao vaia rematar na Cidade da Cultura. "Hablé con ellos y no es cierto. No hubo petición de auditorías o tasaciones ni por escrito ni verbales".
Tras insistir en que "nadie en todo este tiempo ha retirado fondo alguno", Ana Isabel Vázquez matizou que se hai obras e coleccións que non están expostas ao público é porque os técnicos así o decidiron por motivos de conservación. Pero neses casos, explica, buscáronse outras fórmulas de consulta e preséntanse dixitalizados nunha pantalla táctil "en donde los ciudadanos pueden consultarlos y ampliarlos. Es una forma de tenerlos accesibles para la gente".
Por último, con respecto ás críticas sobre a licitación do restaurante do edificio Sarmiento, que Amigos do Museo suxería que podería ser ilegal ao non ter permiso de Patrimonio, a deputada afirmou que a Deputación conta autorización "desde hace tiempo", xa que así se recollía no proxecto inicial de remodelación do edificio. "Por tanto, es perfectamente legal, de lo contrario no estaríamos ahora con él".