A elevada demanda leva a ampliar as visitas guiadas á mostra "Da vida á morte no antigo Exipto"
Por Redacción
O éxito da exposición Da vida á morte no Antigo Exipto, aberta ao público no Museo de Pontevedra, levou á Deputación de Pontevedra a ampliar as visitas guiadas á mostra.
ÿ a segunda ocasión na que se procede a ampliar as visitas, ante a numerosísima demanda rexistrada, que fixo que a día de hoxe estean xa completamente pechadas as prazas das visitas programadas para todos os xoves e venres ás 19,00 horas e boa parte das do mércores, de aquí ata o peche da mostra, o 5 de outubro.
Ante esta situación, decidiuse aumentar a frecuencia das visitas, que desde o vindeiro luns, 8 de setembro, serán todos os días de martes a sábado ás 19,00 horas, manténdose ademais as do mércores ás 12,00 horas e reforzándose os venres cunha visita a maiores ás 17,30 horas.
Desde a apertura da mostra, foron xa máis de 600 persoas as que participaron nas visitas guiadas á mostra.
Os interesados en asistir a estas visitas, que contan cun máximo de 35 prazas cada unha, deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413.
ABERTA ATA O 5 DE OUTUBRO
A mostra permanecerá aberta ata o 5 de outubro no Sexto Edificio do Museo e, a través dela, os visitantes poden achegarse á vida no Antigo Exipto por medio dunha extraordinaria colección de pezas procedentes do Museo Exipcio de Florencia.
Dividida en catro apartados, un deles centrado en todo o que respecta á morte e os ritos, outro sobre o mundo dos deuses, un terceiro sobre o Faraón; e outra a vida cotiá e a muller no antigo Exipto.