O humor absurdo de Joaquín Reyes dase cita en Afundación
Por Diego Torrado
''Que me aspen! ', o novo espectáculo de Joaquín Reyes, chegou este venres ao centro social da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) de Pontevedra e encheu o patio de butacas de adeptos ao actual referente do humor do absurdo español.
Joaquín Reyes achegou aos pontevedreses unha proposta que, ao tempo que integrou algúns dos elementos máis emblemáticos do seu universo creativo, puxo de manifesto os riscos de non pensar ben antes de falar, un espectáculo no que tuvierono cabida o cine dos anos oitenta, o colmo das palabras que van xuntas, a verdade sobre as letras das cancións de Michael Jackson, bailes inventados ou a presenza do Señor Cabalo.
Maxia, lume e mentalismo déronse cita sobre o escenario de man dun humorista coñecido e asentado grazas, entre outras cousas, á súa aparición nos programas de 'La hora chanante', en Paramount Comedy, e 'Muchachada nui', en Televisión Española.