Beatriz López Rodiño inaugura no Liceo Casino de Pontevedra a súa colección 'Samai Khale'
Por Redacción
A pintora pontevedrea Beatriz López Rodiño amosa no Liceo Casino de Pontevedra a súa colección de acrílicos Samai Kale, que significa "os meus nenos" na lingua dos Wolof, unha etnia africana que se atopa, principalmente, en Senegal.
Nestes traballos, a pintora retrata un país cheo de contradiccións onde a pobreza se mestura coa riqueza. Ao mesmo tempo, o deserto e as paixases verdes e cheas de vida combínanse coa tradición e a modernidade. Os nenos son os principais protagonistas no continente africano tal e como Beatriz López Rodiño amosa na súa obra.
A exposición pode visitarse dende as dez da mañá ata as dez da noite e a entrada é libre.