O Seminario Permanente de Jazz abre a súa 14 edición como referente da interpretación musical colectiva
Por Anxo Lourido
Xa está en marcha a 14 edición do Seminario Permanente de Jazz que se desenvolve nas instalacións do antigo conservatorio de música de Pontevedra na rúa Alfonso XIII co obxectivo de formar mozos que, nos próximos anos, poidan dedicarse profesionalmente á música.
A matrícula continúa aberta con prezos de 700 euros para maiores de 18 anos e de 500 para menores de idade. Formaranse dez grupos para recibir clases de dúas horas de duración por parte dos músicos Abe Rábade e Paco Charlín.
Este xoves 9, o coordinador do Seminario, Luis Carballo, acompañado pola concelleira Carme da Silva e por Pacho Charlín explicaron a importancia que ten este seminario polo que pasaron ao redor de 500 alumnos que despois se converteron en figuras do jazz a nivel mesmo internacional. Carballo sinalou que os músicos que participan no seminario proceden de diferentes puntos de Galicia. O coordinador sinalou que nas clases se xuntan alumnos de 16 anos con outros de máis de 20 levando a cabo unha "democratización déaste estilo musical en Galicia".
Despois de cada curso realízase a gravación dun disco que despois se distribúe por centros educativos, ademais de publicar os traballos a través de facebook ou da canle do Seminario en Youtube.
Paco Charlín destacou a importancia que ten a aprendizaxe de xeito colectivo que se realiza a través deste formato porque permite coñecer a engrenaxe para despois tocar con outros músicos. E destacou o feito de que non só se apuntan músicos de jazz senón doutros estilos para despois trasladar o idioma jazzistico a outras fórmulas como a do rock ou a da música clásica.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Adrián Saavedra: con S de 'Supermúsico'
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
100 discos de jazz, que xurden do Seminario Permanente
Por Redacción |
-
A cantante de jazz, Terela Gradín, repasa a súa carreira na Casa das Campás
Por Redacción |
-
O Festival de Jazz tira da canteira: Xan Campos pon o broche de ouro
Por Diego Torrado |
-
40 alumnos do Seminario Permanente de Jazz ofrecen un concerto con sabor a éxito
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Iago Fernández, un batería do Seminario Permanente de Jazz que marca o ritmo do mellor trompetista do mundo
Por Anxo Lourido |