Arte e moda entre Galicia e Miami
Por Redacción
Pilar Franco é unha arquitecta de vocación e pintora de nacemento, que ten exposto en espazos culturais e galerías de España, Portugal, Italia e Estados Unidos. A súa galería ADA vai agora realizar tres semanas de portas abertas pero a súa idea vai máis alá. Esta moza decidiu iniciar unha nova aventura empresarial como Nus & Lon coa idea de combinar artigos de moda e obxectos cotiás.
Pilar afirma que "Mi mayor pasión como artista va más allá de crear, es realmente compartir mi arte. No sabes cómo disfruto cuando veo mis obras integradas en las vidas de mis clientes. Esta es la razón principal del lanzamiento de Nus & Lon".
A primeira colección da marca inspirase na serie de cadros Mandalas que a artista realizou este ano empregando técnicas mixas e logo plasmou en artigos do fogar e téxtiles. Os mandalas son representacións simbólicas do macro e microcosmos, empregados no budismo e o hinduismo. Son esferas cheas de dinamismo, enerxía erótica e espiritual que embelecen dende unha cunca para o almorzo ata unha libreta ecolóxica. Pilar embarcouse nesta nova traxectoria empresarial xunto coa súa irmá e socia Ana Franco, quen reside en Miami e vai encargarse do lanzamento da marca en EEUU.
Pilar Franco asegura que "nuestra marca quiere compartir el arte fusionándolo con la moda y la vida. Además, parte de nuestros ingresos los queremos donar a utilizar el arte como herramienta de cambio social en comunidades más necesitadas".
A galería ADA en Pontevedra está situada en Camiño Vello de Castela, 8 e a galería permanecerá aberta do 1 ao 23 de decembro.