A familia volveu gozar xunta da música da man da Filharmónica
Por Diego Torrado & Natalia Puga
Pais e nenos. Nenos e tíos. Avós coa bolsa da merenda. As familias volveron tomar este domingo o Teatro Principal en todas as súas variedades. Non deixaron ningunha cadeira baleira para gozar do espectáculo co que se retomou o ciclo Concertos en Familia: O gato con botas.
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra foi a encargada deste último espectáculo, que durou uns minutos menos dunha hora e arrancou un aplauso final ao público que se prolongou varios minutos máis. Nenos e maiores quedaron 'enganchados' coa música da orquestra, coa narración que a acompañou e coas imaxes e ilustracións proxectadas no teito.
Pensada para nenos a partir dos cinco anos, gustou especialmente aos rapaces, pero tamén fixo agradou aos adultos que os acompañaban. Todos quedaron sorprendidos pola orixinalidade da interpretación, unha versión musicada do conto dos Irmáns Grimm.
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixida nesta ocasión por Vasco Negreiros, a narración de Olalla González e a proxección de imaxes creadas polo ilustrador Marc Taeger para a ocasión foron os ingredientes dun espectáculo para o que se esgotaron as entradas.
Os nenos terán ocasión de volver ver o espectáculo este martes. A partir das 11.30 horas haberá unha función concertada co alumnado de cinco centros escolares de Pontevedra que cubrirán por completo a capacidade do Teatro Principal.
Relacionadas:
-
A quinta edición dos 'Concertos en Familia' pecha cunha asistencia media do 95%
Por Redacción |
-
De Mozart a O gato con botas: nova cita este domingo co ciclo Concertos en Familia
Por Redacción |
-
E ti, fuches de Mozart?
Por Diego Torrado |
-
Mozart, o Quebranoces e dous contos clásicos, propostas da quinta edición de Concertos en Familia
Por Alejandro Espiño |