A Asociación San Martiño de Salcedo celebra Santa Icía cun espectacular concerto
Por Diego Torrado
A festividade da patroa dos músicos, Santa Icía, foi a desculpa ideal para que a Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo ofrecese este sábado 22 de novembro no Auditorio do Pazo dá Cultura de Pontevedra un espectacular concerto no que interviñeron as súas tres agrupacións: a Banda de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil e a Coral Polifónica da entidade.
O concerto estivo dirixido polo mestre José Alfredo Sánchez Murcia cun programa composto por obras como Maido de J.R. Pascual Villaplana; A movement for a rose, de Mark Camphouse; Peer Gynt, la conocida suite de Edvard Grieg; Luna de España, el pasodoble de Moraleda, con la intervención de la virtuosa de las castañuelas, Margarita Guerra Peinado. El programa se cerró con la obra Tin Tin. Prisioneros del Sol de Dirk Brosse.
Pola súa banda, a Banda Xuvenil, baixo a batuta, de Alfredo Sánchez Seara, interpretou, entre outras obras, o pasodobre Santiago Mestre, de ÿscar Navarro e Pacis Valley de Ben Haemhouts.
O espectáculo ofrecido pola Asociación de Salcedo, que encheu o Pazo da Cultura, contou tamén coa actuación da Coral ofrecendo a súa versión de Kalinka, de Ivan Pretrovich; Queixas de Tarsicio Rodríguez; Te vi, te amé, de Rei Rivero e Samba Lelé, unha obra popular de Brasil.