Nuria González loita contra o tempo en clave de comedia en Afundación
Por Diego Torrado
Unha divertida e orixinal comedia sobre a loita constante contra o tempo espertou as gargalladas dos pontevedreses este venres no centro social da Fundación Galicia Obra Social (Afundación). Taitantos, na que o peso do libreto o leva a actriz Nuria González, volverá a representarse este domingo 30 novembro ás 19.30 horas en Vigo.
Coa voz en off de Isabel Romero de León e baixo a dirección de Coté Soler, Nuria González dá vida a un texto de Olga Iglesias que fala da historia de Susana, unha muller de corenta e tantos anos, bloguera de éxito e nai separada dunha filla adolescente.
A actriz protagoniza a batalla perdida por excelencia, a loita contra o tempo cando se encontra ante as dificultades de buscar parella debido á presión social, que demanda un aspecto xuvenil e perfecto, e ás súas propias inseguridades.
Relacionadas:
-
As 'conversas' entre María Galiana e Juan Echanove, primeira cita teatral de 2015 en Afundación
Por Redacción |
-
A tempada teatral de Afundación para 2015 pon os bonos á venda
Por Redacción |
-
A Emilia Pardo Bazán máis 'escandalosa' chega a Pontevedra con "Insolación", protagonizada por María Adánez
Por Redacción |
-
Os bebés roubados e o alzhéimer loitan contra o olvido na tempada teatral
Por Mónica Patxot |
-
Concha Velasco, Asunción Balaguer e María Adánez, apostas teatrais de Afundación para este outono
Por Alejandro Espiño |