La casa de los ingleses aposta polo acústico para o seu concerto no Pub Deluxe
Por Redacción
La casa de los ingleses volve subirse a un escenario. O grupo indie pontevedrés ofrecerá un concerto este venres 5 de decembro, a partir das 22.00 horas no Pub Deluxe de Pontevedra, situado na rúa Padre Luis.
A banda, que actualmente está a preparar a presentación do que será o seu primeiro EP, do cal xa presentaron dous adiantos, ofrecerá un concerto en acústico.
La casa de los ingleses é unha banda de indie pop formada por Anxo, Carlos, Charly e Xavi, catro amigos que en 2010 decidiron xuntarse para, pouco a pouco, desenvolver o seu proxecto musical.
Ao principio centráronse en versións dalgúns dos seus grupos favoritos, pero co tempo comezaron a crear as súas propias cancións, suma das diferentes influencias de cada un deles: dende o pop británico, pasando polo power pop, o rock máis clásico ou o pop psicodélico. O resultado poderíase definir como un indie pop intenso e emotivo con letras en castelán.
A entrada ao concerto é gratuíta.