A BMP clausura 'En Clave de Outono' cun exitoso concerto xunto á Banda Municipal de Santiago
Por Diego Torrado
O Pazo da Cultura acolleu na noite do sábado un concerto especial, o peche do ciclo En Clave de Outono da Banda de Música de Pontevedra (BMP).
Nunha homenaxe aos seus 110 anos de existencia a BMP estivo acompañada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela nun recital dirixido por Juan Miguel Romeu Llopis.
Ambas bandas ofreceron un vibrante concerto na que interpretaron pezas de Igor Stravinsky, Sparke, Schmitt ou Saint-Saëns.
O ciclo En Clave de Outono constou de seis concertos, con dúas funcións de música clásica para nenos, unha zarzuela, o espectáculo 'Esencia Europea' e un recital co director David Fiuza como invitado.