O auditorio de Afundación contáxiase da forza de Pardo Bazán en 'Insolación'
Por Diego Torrado
Con María Adánez como protagonista, a montaxe teatral Insolación de Pedro Víllora con dirección de Luis Luque, chegou este martes ao auditorio de Afundación, en Pontevedra.
Baseada na novela da escritora galega Emilia Pardo Bazán, Insolación é a historia do polémico amor entre a marquesa de Asís Taboada (Adánez) e Diego Pacheco, que levantou certa polémica na época da súa publicación, no século XIX.
Trátase tamén dun texto reivindicativo da independencia das mulleres, toda vez que a protagonista rompe cos prototipos conservadores da época para tomar a iniciativa da súa propia vida sentimental.
José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rus completaron o reparto dunha obra que contou cun vestiario moi elaborado, unha escenografía minimalista e unha coidada iluminación.
Relacionadas:
-
As 'conversas' entre María Galiana e Juan Echanove, primeira cita teatral de 2015 en Afundación
Por Redacción |
-
A tempada teatral de Afundación para 2015 pon os bonos á venda
Por Redacción |
-
A Emilia Pardo Bazán máis 'escandalosa' chega a Pontevedra con "Insolación", protagonizada por María Adánez
Por Redacción |