Un conto infantil para premiar a solidariedade dos nenos pontevedreses
Por Alejandro Espiño
Resolver un misterio que ten intrigado á cidade de Pontevedra. ÿ o labor de Constantino Porfieiro, un curioso detective que protagoniza o conto infantil que edita a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), en colaboración co Concello de Pontevedra e a empresa Pescamar. As vendas deste conto, que ten un prezo de 3 euros, destinaranse ás entidades sociais da RedeAxuda.
Forma parte dunha campaña de solidariedade do Nadal que puxeron en marcha os novos empresarios e á que se adheriron 36 empresas pontevedresas. Segundo Ricardo Fra Otero, portavoz de AJE, "queríamos crear este cuento para agradecer a los niños pontevedreses su implicación en estas campañas sociales, donando ropa y juguetes".
Constantino Porfeiro e o caso do xoguete extraviado é o nome deste conto, creado por Poldo Cañizo e ilustrado por Yanina Torres. Ambos colaboraron con este proxecto de forma altruísta. Di o seu escritor que a idea que quixo transmitir con este relato é que "os nenos aínda que teñan moitos xoguetes moitas veces necesitan un maior contacto cos seus pais ou coa xente".
Para Poldo Cañizo, que edita unha das súas historias por primeira vez, "é como ver ao teu fillo vestido para a festa", un entusiasmo do que se contaxiou a ilustradora. Yanina Torres explicou que este proxecto "faime moita ilusión", aínda que recoñeceu que de ter máis tempo para traballar nel ""me hubiese gustado reflejar los paisajes de Pontevedra en las ilustraciones".
Os 2.000 exemplares que se editaron deste conto infantil poranse á venda o vindeiro domingo. Será no transcurso da gala Xoguetes Solidarios que se celebrará a partir das 18.00 horas, no auditorio de Novacaixagalicia de Pontevedra. Se sobran, poderanse adquirir posteriormente nas librerías da cidade.