Chévere abre o ciclo da rede galega de teatro no auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
O ciclo de teatro galego para o primeiro trimestre do ano chega ao Auditorio de Vilagarcía da man do grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, que será o encargado de abrir o ciclo financiado polo Concello e a Agadic, e a través do cal Vilagarcía acollerá catro funcións teatrais durante o primeiro trimestre do ano.
Chévere regresará a Vilagarcía, apenas dous meses despois de espallar a súa fama e calidade por todo o territorio español tras ter recibido o máximo galardón que se concede en España a unha compañía, o Premio Nacional de Teatro.
O grupo con sede no Milladoiro estreará o ciclo da Rede Galega no Auditorio coa representación, o 14 de febreiro, de Ultranoite no País dos Ananos. A testemuña recóllea a compañía Voadora o 21 dese mesmo mes, para poñer en escena A Tempestade. O ciclo proseguirá no mes de marzo coa representación de Lúas de Outubro e Agosto a cargo de Guadi Teatro e de O Crédito, de Eme2 emoción@arte, os días 7 e 21.
Para facilitar o acceso dos cidadáns á cultura a través do teatro mediante entradas baratas, Concello e Agadic, asinaron un convenio de colaboración mediante o que se financiar o ciclo que precisa dun orzamento próximo aos 20.000 euros. As actuacións finánciase ao 50%.