A retranca de Carlos Blanco, Quico Cadaval e Mofa e Befa triunfa no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado
As Noites de Retranca regresaron a Pontevedra con gran éxito. Un Pazo da Cultura cheo nas dúas sesións do espectáculo recibiu cos brazos abertos a dous dos cómicos máis notables do panorama galego: Carlos Blanco e Quico Cadaval.
Xunto a eles subiron ao escenario Mofa e Befa, os encargados de conducir maxistralmente esta montaxe, que fixo a rir aos pontevedreses desde que se subiu o pano.
Carlos Blanco e Quico Cadaval deron renda solta, durante as case dúas horas de espectáculo, a todo o seu talento para o humor, para ese humor negro e 'retranqueiro' que tanto caracteriza aos galegos.
Como vén sendo habitual nos cinco anos que leva este espectáculo en cartel, polo que pasaron grandes nomes da escena galega, ambos cómicos e os condutores do mesmo mostraron ao público as súas diferentes formas de entender o humor.
Todo iso cunha liberdade interpretativa total, o que fixo que as de Pontevedra sexan unhas funcións únicas e irrepetibles.