Buscando a la persona que se encarga del mundo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Domingos do Principal propuxo nesta ocasión ao público implicarse na procura que leva a cabo a protagonista dunha amiga moi particular que desapareceu, a que se encarga do mundo.
Os nenos só tiñan unha pista para poder atopala: gustáballe esconder segredos, crear tesouros con pequenos obxectos, grandes obxectos que escondía en lugares incribles e que eran un anaco dela mesma.
Así sobre o escenario puxéronse a buscalos, a unir todas as pezas para poder atopala. Deste xeito conseguiron saber todo sobre ela. E sobre o mundo.
Bailando sin zapatos é un belo espectáculo que a compañía La Sal Teatro trouxo este domingo ao Teatro Principal para mostrar aos máis pequenos todo un mundo por descubrir e que propuxo unha apaixonante viaxe á vez que unha aventura na que todos participaron.
Tratouse de atopar eses anacos da amiga desaparecida, eses obxectos grandes e pequenos que ela gustaba de esconder en lugares imposibles.
Unha vez máis, aínda que os nenos son os principais destinatarios da obra, os invitados preferentes á fantástica viaxe que organizou La Sal Teatro, Bailando sin zapatos non deixou de ser un espectáculo familiar que terminou cativando a todos os espectadores.
Relacionadas:
-
"3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos emociona a los espectadores de Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Teatro Ghazafelhos une a dos peculiares cosmonautas en "3, 2, 1...", nueva cita con Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Un payaso de vocación desata las carcajadas en el Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Marcel Gros trae a Domingos do Principal "La gran A... ventura" para celebrar sus 30 años como payaso
Por Redacción |
-
Una fantástica 'Malasombra' ilumina los Domingos do Principal
Por Diego Torrado |