Rodrigo Cota: "A ninguén lle estrañaría que Rajoy preferise ver un partido de baloncesto que gobernar o país"
Por Alejandro Espiño
"Danme pena os árbores que se usaron e a tinta que gastou para este libro, pero ao final saíulle razoablemente ben, cousa sorprendente porque é un tío sorprendentemente vago á hora de traballar", bromea Manel Loureiro. "Que un tío tan vago consiga facer un libro tan bo é sinal de que, ou ben tivo moita sorte, ou ben ten un talento extraordinario. Como no é o primeiro libro que escribe, entendo que ten un talento extraordinario"
Coincide co seu colega e amigo Manuel Jabois. "Cando comprobei que o libro ía en serio, dentro do humor disparatado que era, pero que estaba ben escrito y cumpría coas normas ortográficas, animeime a escribir o prólogo", di entre risas. "Rodrigo é un xenio disparatado, cun humor desesperado e que ademais ten a vantaxe de ser aditivo, que é algo moi difícil. Cando les algo del, faise curto o que estás lendo. Sempre pides mais".
Ambos escritores arrouparon, igual que no prólogo do libro ou nesta entrevista, a Rodrigo Cota (México DF, 1966), na presentación da súa primeira novela humorística. "Facemos bolos por ahí, nos chaman de Ribeira e imos a pasar as fines de semana. Estar con eles é como estar en familia", recoñece un escritor, colaborador de PontevedraViva, que volve a apostar pola autoedición dos seus libros. "E que os editores e mais eu non acabamos de entendernos", di.
O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra encheuse de amigos e familiares para a posta de longo de El inaudito secuestro de Mariano Rajoy en la plaza de toros de Pontevedra consumado por el borracho Tito Nogales que encerró al presidente en un zulo hasta que su padre se enteró y vendió al prisionero a una banda de albaneses. Incluye desenlace. Un título igual de disparatado que a historia que presenta.
Ese título case o di todo...
"Decidín contar o argumento enteiro no título. Se lle gusta á xente que o merquen e senón estou fodido"
Era una forma de contar de que vai a obra para que a xente a merque. Se ves o título dunha película, dun libro ou dun produto calquera, moitas veces non te di nada. Cando alguén cóntate de que vai, pode ser o que te anime a mércalo. Entón dixen, pois mellor contamos o argumento enteiro e se lle gusta á xente que o merquen e senón estou fodido.
Como xurdiu a idea de escribir esta historia tan disparatada?
Non sabería dicilo exactamente. Quería facer unha novela curta e de xénero humorístico, das que xa case non se fan. E a verdade é que o escribín moi rápido. Son as circunstancias dun escritor que ten que gañarse o pan todos os días. Non podía tirarse seis meses ou un ano con ela. Escritores coma min temos que tomar un par de meses sabáticos e escribir a toda hostia. E a idea foi a que saíu. Pensei que Rajoy era un personaxe moi recoñecible, moi particular e tirei para adiante.
O certo é que a frase coa que comeza a novela, "Mariano Rajoy tiña pis", xa non deixa lugar ás dúbidas...
ÿ unha descripción dun momento preciso que ten el. O detonante de toda a historia posterior. Ten ganas de mexar e nese momento é cando o secuestran. ÿ un principio, un arranque para que o lector saiba que non hai concesións á seriedade, que é una novela humorística de principio a fin. Sen máis.
Que imos atopar entón nesta novela?
Sobre todo una caricatura de Rajoy e unha novela humorística. A fin de contas, Rajoy non deixa de ser un MacGuffin, destes que dicía Hitchcock que se utilizan como escusa para contar unha historia. ÿ unha personaxe que da moito xogo, moi recoñecible polo público. Creo que unha caricatura de Rajoy nestes momentos é comercial, ou polo menos iso espero.
E ademais asegura que é unha personaxe pública moi fácil de caricaturizar...
Si, porque ten un xeito de falar que a todos nos é moi recoñecible, igual que a súa forma de actuar. Por iso escollino a el como protagonista da novela. Todo caricaturista, sexa debuxante ou escritor, detecta eses rasgos e utilízaos para facer a súa caricatura. ÿ a nosa arma de traballo, o que collemos dunha personaxe. E se trata, como esta, dunha caricatura escrita, o proceso é o mesmo.
ÿ unha caricatura do presidente do Goberno, pero hai algo de verdade nela?
"A caricatura que fago de Rajoy ao bestia, fágoa tamén un pouco coas personaxes de Pontevedra"
Hai moito de verdade, pero intento disfrazalo un pouco. Parece que é unha caricatura un pouco esaxerada, pero a personaxe é moito máis parecida á realidade da imaxe que se da del nos medios. Creo que Rajoy é máis como a personaxe da novela que como pensamos realmente que é. A ninguén lle estrañaría que preferise ver un partido de baloncesto na televisión que gobernar o país.
Pero Rajoy non é o único político ao que caricaturiza no libro, non si?
Aparecen mais, claro que si. As personaxes máis locais, se isto fose unha película, farían o que se coñece como un cameo. ÿ que o fai Lores, Louro ou Jacobo Moreira. E claro que que hai tamén un pouco de caricatura deles. O que fago con Rajoy ao bestia, fágoo tamén un pouco coas personaxes de Pontevedra. Interactúan entre eles como un guiño ao tema localista. Pero vamos, ao final acaba saíndo ata Obama na novela.
En todo caso, esta novela pode gozala calquera ou hai que ser de Pontevedra para entendela?
Mira. O nome da cidade creo que só sae dúas ou tres veces durante toda a novela. Se a acción transcorrese en Valladolid, a acción sería a mesma. Isto non é un exercicio de pontevedresismo, nin moito menos.