Pontevedra acolle a gravación da webserie 'Dalle Jas!'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
'Dalle Jas!' é o título dunha webserie de seis episodios interpretados pola compañía teatral Triateros. O primeiro foi rodado en Vigo e os seguintes están gravándose en distintos espazos de Pontevedra a través da Film Commission, o departamento para fomentar a cidade a través do sistema audiovisual.
Esta webserie ofrece unha historia que recolle amor, eortismo, festa, falcatruadas e moito humor, cun reparto no que destacan tres actores pontevedreses: Bea Campos, Omar Ferrín e Martín Martínez. Ademais tamén participan colaboradores como María Campos e Carlos Yus.
A primeira experiencia audiovisual en grupo da compañía Triateros responde, segundo o director Jose Miguel Sagüillo, a unha motivación natural "porque é unha compañía que ten a comedia como bandeira. O seu forte é a improvisación e o gag cómico e velos nunha webserie era un paso natural". Eles xa contan cun traballo previo nas redes sociais do que agora agardan que se beneficie esta webserie na que colaboran diferentes tendas do centro histórico pontevedrés.
Nestes momentos, a rodaxe atópase na súa fase intermedia con exteriores gravados en zonas como a Peregrina, a praza da Leña, Cinco Rúas, praza de Compostela e Riestra. O equipo técnico e artístico está composto por 40 persoas, moitas delas naturais da cidade. A actriz Bea Campos apuntaba que se mesturan persoas que levan anos de experiencia profesional con "xente que comeza agora".
O primeiro capítulo xa se pode ver na páxina de 'Dalle Jas!'. A finais deste mes agardan estrear un novo episodio e a partir de marzo queren ofrecer unha entrega mensual. O director afirma que esperan que esta produción poida ser presentada en festivais como Carballo Interplay ou Cans.
A concelleira de promoción Económica, Carlota Román, sinala que "este tipo de líneas de trabajo permiten posicionar Pontevedra turísticamente y, de forma indirecta, se apoya la cultura y los medios audiovisuales porque otras administraciones están reduciendo todo". Neste sentido, o director de 'Dalle Jas!', Jose Miguel Sagüillo, engade que con este tipo de colaboracións "gana la ciudad y se pueden realizar proyectos que, de otra forma, no se podrían acometer".
Relacionadas:
-
'Lurna', a curtametraxe de Nani Matos, finalista nos Premios Mestre Mateo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Alfonso Zarauza, Carlos Iglesias e Uxía Blanco, principais atractivos do congreso 'Pontevedra... e acción!'
Por Redacción |
-
O pontevedrés Samuel Lema rodará a curtametraxe 'Desde dentro', un thriller ambientado na cidade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A actriz María Mera, estrela dunha nova curtametraxe que se rodará en Pontevedra
Por Redacción |