A banda vasca John Berkhout actuará o sábado 21 de febrero na Sala Karma
Por Redacción
A Sala Karma acollerá o vindeiro sábado 21 de febreiro, a partir das 22.00 horas, un concerto de banda vasca John Berkhout.
John Berkhout é unha banda formada por cinco mozos: Ekain Perez (guitarra acústica e voz), Eneko Lusar (guitarra), Mikel Alonso (baixo), Ander Lizaso (teclados e clarinete) e Iñigo Goñi (batería), nun pequeno pobo chamado Oiartzun, en Guipúscoa.
Baixo a influencia do folk, o rock, a psicodelia ou o indie, propoñen unha viaxe de sensacións e sentimentos claramente relacionados coa natureza, a nostalxia e os sentidos. Pezas como The Path ou Lost in the wild evocan eses lugares e paisaxes que inspiran á banda a desenvolver un estilo íntimo e persoal, pero á vez épico e emotivo.
O disco tivo unha gran acollida por parte de público e crítica, sendo nomeado por Mondosonoro segundo Mellor Disco do ano 2013 na categoría Folk/Americana e incluído na lista dos Mellores Discos do Ano no programa 180 grados de Radio3.
Un ano despois da publicación do seu primeiro traballo, o grupo madurou o seu directo, alcanzando a súa máxima expresión en salas, teatros así como nalgúns dos festivais máis importantes do panorama (Sonorama, Arenal Sound, Tres Sesenta Fest, Big Festival ou BIME) nos que compartiron escenario con grandes artistas como Neil Young.
Relacionadas:
-
A enerxía de The Dustaphonics invadirá a Sala Karma este martes 10 de febreiro
Por Redacción |
-
Jero Romero regresa a Pontevedra o 14 de marzo para presentar "La Grieta", o seu novo disco
Por Alejandro Espiño |
-
Vinila von Bismark presentará o 20 de febreiro na Sala Karma o seu primeiro disco en solitario
Por Alejandro Espiño |