Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
O Pazo da Cultura acollerá catro dos espectáculos máis atractivos do panorama teatral español durante os meses de maio e xuño dentro do ciclo Summum Teatro, presentado o mediodía deste mércores pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
A compañía Yllana volve a Pontevedra coa presentación da súa divertida montaxe Gagfather. Será o sábado 2 de maio con entradas a 12 euros.
Os prestixiosos actores Héctor Alterio e Lola Herrera son os protagonistas de En el estanque dorado que subirá ao escenario do Pazo o vindeiro 7 de maio con entradas a un prezo de 20 euros.
O 30 de maio chegará a Pontevedra a representación de Cancún, unha obra do recoñecido autor catalán Jordi Galcerán, cun reparto encabezado pola actriz María Barranco. As entradas poden adquirirse por 16 euros.
O ciclo conclúe o sábado 6 de xuño con Continuidad de los parques, unha obra interpretada por Gorka Otxoa, Fele Martínez e o galego Luis Zahera. O prezo das entradas é de 14 euros.
Anxos Riveiro indicou que estes espectáculos se inclúe dentro de Platea, o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espazos das Entidades Locais, ao que se sumou Pontevedra o pasado ano e que permite achegar espectáculos elaborados fóra de Galicia aos teatros da cidade.
Todas as funcións serán ás 21.00 horas e as entradas poden adquirirse a través de Ataquilla. En caso de non esgotarse na venda anticipada poderán mercarse dúas horas antes do inicio das representacións. O Pazo da Cultura a través do seu facebook realizará sorteos de invitacións para os espectáculos.
Relacionadas:
-
Yllana lembra o mellor da súa traxectoria no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
É o momento para gozar do mellor teatro no Pazo da Cultura: 'Cancún' e 'Continuidad de los parques'
Por Anxo Lourido |
-
Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O ciclo Summum Teatro sube o pano con "The Gagfather", unha comedia negra sobre a corrupción
Por Redacción |
-
"En el estanque dorado" reprogramado por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción |