'A nena e o grilo no país das apertas' conquista aos escolares pontevedreses
Por Cristina Saiz
Máis de 2.600 nenos de educación infantil de Pontevedra e arredores desfilarán ata o próximo venres polo Centro Social de Afundación para gozar da representación da obra A nena e o grilo no país das apertas.
Durante tres días, empezando por este mércores, a compañía dirixida por Magín Blanco representa dúas funcións ao día destinadas a escolares.
A nena e o grilo no país das apertas é un espectáculo musical na que os máis pequenos estimulan a súa imaxinación e decubren a posibilidade de crear outra realidade. Baséase na amizade dun grilo cantarín, que deixa de cantar, e unha nena con poderes máxicos con medo aos brazos.
Todo iso está acompañado de cancións pops, rock, reggae ou de bossa nova para somerxer aos nenos nun mundo máxico.