O Maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera' achégase ás rúas
Por Redacción
A rúa Rosalía de Castro é o espazo seleccionado para ofrecer, dende este sábado 16 de maio ás 12.00 horas, a mostra de traballos xurdidos no Maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera', celebrado no Pazo da Cultura e arredores do río Lérez hai unhas semanas.
A mostra buscaba difundir todo esa zona situada nas proximidades da Illa do Cobo, un espazo que se converteu nun lugar de encontro e de actividades deportivas para numerosos cidadáns durante os últimos anos.
As fotografías serán expostas polos 31 participantes con preto de 100 imaxes, que ofrecen unha nova perspectiva sobre os espazos fotografados.
Entre estas imaxes estarán as premiadas en diferentes categorías que corresponden a Manuel Bazarra, Sara Cernadas, Rocío Castro, Helena Constenla e Sergio Sueiro.
A exposición permanecerá na Rúa Rosalía de Castro ata o 23 de maio.
Relacionadas:
-
O inverno pontevedrés protagonista da II edición do maratón fotográfico
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Un maratón para retratar o inverno pontevedrés
-
Manuel Bazarra, gañador da primeira edición do maratón fotográfico ‘Imaxes de Primavera’
Por Redacción |
-
35 fotógrafos participan no primeiro maratón 'Imaxes de Primavera' na contorna do Lérez
Por Redacción |